7.13.2014

Fóra de servizo

149
Out of order, que xa vai pola (sen contar esta) décimo terceira publicación, é unha treta, unha forma de encher os días nos que non teño máis remedio que escribir aquí, e non teño (nada importante?) que dicir. O proceso de escritura é estúpido e mecánico se o rebaixamos a unha mera sucesión de palabras que van unha detrás da outra, sen significado algún. É coma se vostedes se sentan todos os días na súa habitación, na mesa, e miran para o teito mentres falan, a soas. Dirá, ten isto algún propósito? Quizais. Pero quizais non. Se beneficia nalgún senso será en que a construción do discurso gaña. Gaña en forma, en contido, en que os estilos, xogos, cambios e diversións mudan, pois ás veces nos decatamos de que non son interesantes. Para intentar darlle lume ao cerebro. Para que a inspiración chegue dende un lugar que a agocha sen compromisos previos. Esquiva de anuncios de panocos que venden hamburguesas con sabor a El-Rei.

Parece que acabou o mundial.

¿Alguien tiene los quince puntos?

Matías Prats, está overrrated. E eu (.) Canso de tanta carallada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...