7.23.2014

Hipsters pedantes

159
Terraza do Derby, Compostela. Dous individuos, un calvo e con barba, a outra de pelo curto e sombreiro de palla. 


—Onte erguinme moi cansada. Habían de ser preto das seis da mañá.

—É por este denodado tempo.

—Xa. Non sei coma aguantamos esta entropía.

—Pois aguantando. Non queda outra, rapaza.

—Non me gusta cando te pos tautolóxico.

—Perdoa.

—Non pasa nada. É normal. Non podes coller as leis da termodinámica e darlles a volta.

—Cristina Pato.

—Perdón?

—Cristina Pato, digo. Acaba de ir sacar cartos.

—E levaba a gaita?

—Si.

—Vaia oxímoro.

—Oxímoro?

—Si. Xa non toca.

—Quen che dixo tal?

—Un colega.

—Pois penso que non ten nin idea.

—Has de saber ti... un experto en clásicos.

—Si, galegos. Moi senlleiros.

—Todo.

—Vaia pleonasmo.

—Xa.

—Xa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...