![]() |
Cartaz da Festa Prenom |
155
É o penúltimo antes de setembro, e o sétimo en orde de emisión. Desta vez, nos estudios da Facultade das Ciencias da Comunicación, falamos con Rubén Domínguez, integrante do grupo musical Chicharrón, e director de Prenom Lab, da formación da que é parte, de como naceu, a da súa presentación en Ogrove —no Twist and Shout—, no que denominaron a Festa Prenom, que inclúe a presentación do fanzine Cona, e a actuación de Ataque Escampe.
Por outro lado, pareceume adecuado rescatar a crónica escrita a finais do ano pasado, verbo do seminario Cara a unha saída da crise (cultural), organizado pola crítica Ania González, e o artista Horacio González, onde convidaron á Fundación de los Comunes, coa intención de se reunir con institucións públicas e independentes de Galicia, na procura dunha (outra) institucionalidade cultural. No programa de radio desta semana temos a oportunidade de escoitar a Ania González falar sobre o resultado das once propostas froito da sesión de traballo que tivo lugar o último día deste seminario, onde o ben común formou parte relevante da discusión.
Podedes escoitalo ou descargalo nesta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario