7.14.2014

25+1

Vinte e seis anos, 
hoxe 
hai, 
que nacín 
(hora arriba, minuto abaixo). 

Con vinte e seis anos
 xa non accedes ao desconto do carné xove
en Renfe. 

Supoño que xa debería ter:
 un traballo estable,
 un piso,
 e un coche.

Traballos 
(entre remunerados, debidos e impagados) 
teño moitos.

Pisos, 
vivo en varios.

Coche, 
é un substantivo 
masculino 
singular. 
E eu
 non teño carné. 
O de conducir, 
o xove
si, 
pero 
de pouco me vale 
xa. 

Agora,
supoño,
terei que esperar 
a
 que
 me
 dean
a tarxeta dourada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...