7.24.2014

Demos grazas, señor

160
Debemos dar as grazas porque nos dan traballo (precario). Que nos deixan os leftovers (restos). Que nos ensinan as súas casas na televisión. Que nos permiten gardar a esperanza de ser coma eles algún día. Que non miramos aos que piden esmola na rúa, por se esperta o noso eu moral, e lle damos uns centímos de euro. Que cada vez se inventan máis formas e contidos nos que precisamos gastar cartos. Grazas por aumentar a desigualdade planetaria na crise económica máis profunda dende a Gran Depresión de 1930. Nós, cada vez máis pobres, eles cada vez máis ricos:
«Ton só as dez persoas máis ricas do mundo acumulan unha riqueza de 2.700 millóns de dólares, o que equivale a toda a economía francesa, a quinta do mundo. Un deles, Amancio Ortega, fundador de Inditex, propietario das 1.600 tendas de Zara, gañou en 2011 máis de 66 millóns por día. Segundo os datos ratificados pola High Pay Commission de Gran Bretaña, as ganancias dos altos executivos nese país multiplicáronse por 40 nos últimos trinta anos, mentres que o soldo medio triplicou a súa cantidade e estabilizouse agora arredor das 25.900 libras.»
Tirado e traducido de ¿La riqueza de unos pocos nos beneficia a todos? (2013), Zygmunt Bauman.





No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...