7.15.2014

«¡Qué me devuelvan mis lingotes!»

151
O ex-alcade de Santiago de Compostela, non Ángel Currás, (non aínda Agustín Hernández), senón Conde Roa, vén de interpor un (outro) recurso de reposición contra a providencia de prema, á xuíza Pilar de Lara —instrutora da Operación Pokémon— segundo informa o Galicia Confidencial. Quere que lle devolvan 4.000 euros, 1,5 quilogramos de ouro, e o portátil da súa muller, que di que lle fai moita falla, pois lle está a provocar "prexuízos de toda índole", o que pode significar dende que non ten forma de mandar un correo electrónico, ou de descargar o último episodio de True Blood.

Hoxe en día, os lingotes cuxa devolución inmediata reclama —pois son propiedade suposta das súas fillas, agasallo dos seus sogros, e ao mellor queren fundilos para facer unhas pulseiras— o prezo destes mil cincocentos gramos de ouro pode (dependendo dos quilates) ir dende os 9.795 euros aos 41.775 euros. Foron requisados por Vixilancia Aduaneira en marzo deste ano, e a Conde Roa, que considera comprobada a pertenza dos mesmos ás súas fillas, xa lle están tardando na devolución.

Por outro lado, non podo deixar de pensar na relatividade destes acontecementos. Din na Wikipedia, da teoría da relatividade de Einstein:
O presuposto básico da teoría da relatividade é que a localización dos sucesos físicos, tanto no tempo coma no espazo, son relativos ao estado de movemento do observador: así, a lonxitude dun obxecto en movemento ou o instante no que algo sucede, a diferenza do que sucede na mecánica newtoniana, non son invariantes absolutos, e diferentes observadores en movemento relativo entre si diferirán respecto deles (as lonxitudes e os intervalos temporais, en relatividade son relativos e non absolutos).
Doutro lado, tampouco entendo que o señor Conde Roa diga que ten problemas económicos, se os avós maternos das súas nenas poden (puideron) permitirse o luxo de lles regalar un quilo e medio de ouro; de non ser que xa gastaran todos os seus aforros intentando amañar os chanchullos do seu xenro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...