7.02.2014

Radio de Seu: quinto programa

138
É xa xullo, e para algúns, pode que vacacións, pero para min, non hai descanso cando o que se fai é por obra e graza da interese persoal, e vocacional (e a suposta fin da precariedade laboral).

Así, seguimos a gravar o programa de radio de Culturadeseu no Campus Culturae, con renovadas forzas semanais, no estudio 1 da Facultade das Ciencias da Comunicación. Hoxe, rematamos de realizar o quinto, no que falamos sobre a campaña de crowdfunding da curta dirixida e escrita por Ariana Páramo, Galicia Portobello Road, dos diferentes festivais de música que anegarán as cidades e pobos galegos este xullo, e da programación de verán do Twist and Shout Club —falamos por teléfono co seu dono, André Sánchez Gálvez—, do que son DJ residente, deseñador gráfico e difusor dos concertos e eventos musicais que alí, na península de O Grove, teñen lugar durante todo o ano, aínda que aumente (por razóns obvias e turísticas) nos meses de xullo e agosto. Tamén facemos, no programa radiofónico, fincapé na importancia que teñen estas iniciativas privadas para axudar a crear e manter un tecido musico-cultural en Galicia. Por último comento un artigo de Elena Vozmediano verbo da nova dirección da antigo Novagaliciabanco, xa, hoxe, coñecida, como Abanca, e nos despedimos con Ataque Escampe.

Todo isto, emítese o venres (2 de xullo) ás 18:00 no Campus Culturae, aínda que como xa saberán, poderán logo, descargar ou escoitar os programas en Culturadeseu Radio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...