7.18.2014

Só sei que non saberemos nada

154
1984 de Orwelll, Farenheit 451 de Bradbury, ou Brave New World de Huxley, forman parte desa narrativa de ciencia ficción distópica, na que atopamos referencias premonitorias constantes, que vaticinaron os estertores da nosa posmodernidade con alarmante exactitude.

Mais, se ben a vixianza panóptica do gran irmán do patio do recreo no que vivimos, a paulatina desaparición do papel e da lectura de inxestión comprensiva por mor das facianas máis simplistas da televisión e a Internet, e a obsesión por rematar con calquera signo de enfermidade e de controlar o noso estado anímico e físico mediante o consumo de fármacos (de curso legal e ilegal), son xa digo, reflexos incontestables das novelas mencionadas, o máis terríbel hoxe en día, non son as premonicións casuais do pasado cara ao noso tempo, o máis terríbel son as novas de avións derribados, dos mortos inocentes dos mesmos, e a sensación constante de non saber nunca se o que se conta nos medios de comunicación é certo, ou datos mastigados froito dunha conspiración de cuxa intencións, teremos coñecemento, coma de costume, demasiado tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...