De ir camiñando por unha rúa ateigada de xente, moitos quizais serían os que mirasen para a nosa estraña forma de levar a moeda, e nós pensariamos na curiosa maneira na que o resto, leva a súa. Esqueceríamos a nosa moeda, e envexaríamos a dos demais, pois a distancia que nos separa deles, si, nos permite comprender e identificar, o valor das mesmas.
Se durante a nosa excursión cotiá, un dos que pasan polo noso lado, se parase, nos parase, nos mirase, e quitase a nosa moeda, da nosa fronte, permitíndonos así, ver por primeira vez, nítida e claramente, o obxecto de metal redondeado, de seguro, protestaríamos, e reclamaríamos a propiedade daquela moeda; non deixaríamos que a levasen, aínda que ata o momento a súa existencia ben pouco nos importaba.
Semella que estamos condenados a infravalorar o que temos, ata que alguén vén e quere subtraelo, ou ata que decide marchar na procura doutros lares.
Tamén din, que as árbores non deixan ver o bosque, pero hai árbores paga a pena admirar.
![]() |
Exposición do artista Diego Vites no concello de Ogrove. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario