Tras
o éxito do festival Rolling Over 2012, o Twist & Shout Clube –sito na
península de O Grove– segue a meter ruido cada venres. A fin de semana pasada estiveron na
sala dous grupos galegos emerxentes que se moven entre o rock instrumental,
experimental, alternativo e psicodélico, pois non entenden de caixas
denominadoras. As barreiras entre estilos musicais, coma entre xéneros
literarios ou cinematográficos, dilúense cada vez máis, e este clube pretende
coa súa programación abranguer todos os posibles.
Deleuze
formula a haecceidade coma un principio de individuación nun plano unívoco de
inmanencia. Para Deleuze, as expresións singulares dun plano son haecceidades e
están lonxe de representar unha cousa ou un obxecto, como suxire a partícula
Heac do latín “esta cousa”. O principio de individuación é unha forma
accidental máis que unha forma esencial. Isto quere dicir que un grao de calor…
E poderiamos seguir así páxinas e páxinas, pero o tema que nos atinxe non é a
concepción deleuziana de haecceidade. Non. É o grupo ourensán Haecceidad, que tomou este nome polo que representa (isto quere dicir que teredes que buscalo en google e facervos unha idea por vos mesmos). Foi
composto hai menos dun ano e a súa liña sonora é se cadra más light que Lendrone, pero garda un punto
de psicodelia moi interesante.Xa estiveron en lugares como o Liceo Mutante ou Valladares e os chavales que o integran (todos eles de Ourense) son Jaime aka Jimmy el Anguila (1979) na batería e sintetizadores, Druso Elchiri (1989) na guitarra, Iván Septi (1982) no baixo, e nos sintetizadores e samples Marcos Suárez (1975). No seu concerto, que precedeu aos coruñeses Lendrone, presentaron ‘Recordad: Amohadilla y Epitafio’ gravado por Marcos Vázquez e masterizado por Dani Obenza.
Logo deles foi o turno para os integrantes de Lendrone, un grupo tamén de nova creación (setembro de 2010), que xa estiveron dando guerra por outros lares de Galicia e que chegaron ao Twist & Shout con moita enerxía –que durou toda a noite pois rematamos todos en Q3 facendo crowd crawling– e que ofreceron un interesante e intenso concerto que mantivo a atención dun fantástico público. O seu traballo UNO foi gravado en terras mecas en Círculo Polar Estudios, e inclúe temas como Canyonero ou Donbalón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario