1+1+1+ é a
primeira exposición do denominado F.A.C. Convidadxs. É unha das modalidades
deste Furancho de Arte Contemporánea afincado como todos sabedes (e senón
podedes consúltalo en edicións anteriores, aquí, aquí ou aquí) ás aforas da
urbe de Santiago de Compostela, entre Sarela de Arriba e A Peregrina.
Para inaugurar este apartado o invitado foi un artista que xa estivera
presente nun dos Episodio Piloto que durante
os veráns de 2010 e 2011 levara adiante, nesta mesma casa, Olmo Blanco. A persoa
en cuestión é Mauro Trastoy (1971, Ferrol) quen tras case vinte anos expoñendo,
e xunto coa axuda de Támmara Bescansa, fixo uso libre do incomparable marco que
brinda este Furancho para amosar as súas creacións máis recentes.
En particular, 1+1+1+
abrangue a liña de traballo levada polo artista Mauro Trastoy durante os
últimos cinco anos. Xa pasou da pintura, á escultura ou á creación de
personaxes como “El Chico de los huevos de oro”. Personalidades coas que
xogaba, formulaba significados, e que chegado un momento –coma o protagonista
dunha novela que desobecede ao seu creador– tomaban vida propia e ían por
derroteiros diverxentes á idea orixinal.
O mellor momento do artista...- Mauro Trastoy
Ver unha obra –que en principio se formou coma idea mental–
tomar forma, e en última instancia, cobrar vida e actuar por conta propia é a
experiencia máis satisfactoria para o artista Trastoy. A maioría das pezas presentadas no 1+1+1+ non teñen título. De non ser a de Cuadro para peinar. O resto teñen nomes que Trastoy lles outorga por simple burocracia, como “pásame a manta” ou a “escaleira”. É unha exposición de suma, aditiva. Cada obra funciona por si mesma, pois pertence na súa maioría a series que o artista comezou pero que nunca chegou a rematar, pero tamén son parte dun todo, en tanto mostra da liña de traballo que Mauro seguiu durante o último lustro.
O artista ocupou todas as zonas de exposición dispoñibles no
F.A.C., se ben no galpón centrou a maioría delas como o arame plastificado. Tamén dispuxo unha estrutura no denominado Cubo Branco; nunha das pólas dunha
árbore da casa (a Rama con nudos parte dun antigo Episodio Piloto); e no remolque refrixerador, onde situou un
proxector conectado a un reprodutor de DVD, emitindo diversas imaxes de obras
propias.
O proceso de creación e o F.A.C.
O proceso de creación e o F.A.C.
Mauro parte dun material co que xoga, e mediante a
repetición duns xestos, unha dobrez ou un nó, xurde unha estrutura determinada. El sempre
intenta manter unhas rutinas e pautas de traballo, pero conforme crea, a propia
figura impón as regras, e o seu amo, non debe facer outra cousa que seguilas;
segundo di “intento que non se modifiquen, pero teñen vida propia”.
Xa se vai a converter nunha especie de mantra neste blogue, pero sen a existencia dun espazo intermedio –non mediado por intereses alleos aos da creación cultural, nin comercial nin institucional– coma o Furancho de Arte Contemporánea, obra coma a de Trastoy quedaría, no mellor dos casos, almacenada na casa de cada artista. “O espazo é perfecto, e para esta obra é ideal. De feito tería quedado no taller e eu tería pasado a realizar outra liña de traballo”.
"Se van modificando en función de cómo vaya trabajando" - Mauro TrastoyXa se vai a converter nunha especie de mantra neste blogue, pero sen a existencia dun espazo intermedio –non mediado por intereses alleos aos da creación cultural, nin comercial nin institucional– coma o Furancho de Arte Contemporánea, obra coma a de Trastoy quedaría, no mellor dos casos, almacenada na casa de cada artista. “O espazo é perfecto, e para esta obra é ideal. De feito tería quedado no taller e eu tería pasado a realizar outra liña de traballo”.
Unha vida paralela
Como moitos artistas, Mauro non vive única e exclusivamente da arte, pois ésta ata lle da perdas. Traballa coma deseñador gráfico e ambos mundos, aínda que paralelos e ás veces simbióticos, ténnos ben diferenciado. Deixou claro que o deseño faino para poder ser artista. Nas vindeiras coleccións quere ser oleísta. "Eu pintaba ao óleo durante a infancia, logo estiven sempre con acrílico, e comezar co óleo é unha especie de reto", comenta Mauro.
Como moitos artistas, Mauro non vive única e exclusivamente da arte, pois ésta ata lle da perdas. Traballa coma deseñador gráfico e ambos mundos, aínda que paralelos e ás veces simbióticos, ténnos ben diferenciado. Deixou claro que o deseño faino para poder ser artista. Nas vindeiras coleccións quere ser oleísta. "Eu pintaba ao óleo durante a infancia, logo estiven sempre con acrílico, e comezar co óleo é unha especie de reto", comenta Mauro.
Unha influenza e referente para Trastoy é Giorgio Morandi, ao que
define como o resumo do que fixo e do que vai facer. Se tivese a oportunidade
de ser o aprendiz dalgún artista xa morto (isto, evidentemente derivou dunha
pregunta específica miña, non é que nos adiquemos a falar de cadáveres) pois
seríao do gran Paul Cézanne.
P.D.: Tiven que irme moi cedo d’A Peregrina.
Tiña que coller o tren, rumbo a Vilagarcía, conexión coche-madre O Grove, para
pinchar tunes no Twist & Shout Clube. Pero que saibades que deixei a Mauro en moi boas mans. Entre
amigos. Colegas do ámbito. E inclusive estiveron presentes xornalistas da
prensa seria, cuxos artigos sobre esta exposición sairán presumiblemente mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario