8.20.2014

Somos libres (?)

Dos exercicios dos que un bota man cando precisa temas sobre os que reflexionar, escoller notas marcadas en libros lidos hai tempo, é un dos favoritos. Salientar un parágrafo, e volver a el anos despois, ensínanos por un lado, cales eran as nosas intereses por aquel entón, e axúdanos por outro a reler e reinterpretar, o que unha vez xa pensamos ter comprendido. Neste proceso xorden dúbidas, alteracións, e debates internos difíciles de saldar nunha tarde de solipsismo, praia, e calor de verán; mais aquí estou, discutindo sen interlocutor, se somos ou non libres, ou se queremos ser realmente libres:
Creo -replicoulle Cipolla- que con iso só dificultará un pouco máis a miña tarefa, pero a súa resistencia non cambiará un ápice o resultado. Existe a liberdade, e tamén existe a vontade; pero a liberdade de querer non existe, porque unha vontade que pretende a liberdade absoluta contradícese e cae no baleiro. Libre é vostede de escoller ou non escoller unha carta. Pero ao facelo, escollerá a prescrita, con tanta maior seguridade canta maior sexa a obstinación coa que se opoña.

(Mario y el Mago, Thomas Mann)

187

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...