8.01.2014

Pilar Manjón, un troll?

Supoño que a maioría sabedes o que é un troll na Internet, pero por se acaso, na Wikipedia din:
«Na terminoloxía de Internet, un troll (ás veces trol) é unha persoa que busca intencionadamente interromper as discusións en Internet (por exemplo en foros) ou anoxar os seus participantes, para o que adoita empregar mensaxes groseiras, ofensivas ou fóra de tema coa intención de provocar a reacción dos demais.» 
Logo, supoño que sabedes o que publicou en Twitter, Pilar Manjón, presidenta da Fundación 11-M Afectados por el Terrorismo, pero por se acaso:
«Odio al negro de la Casa Blanca. Quiero a mis niños asesinados en Gaza. Quiero que la P de su mujer retire el video de las niñas.»
Perfecta maneira de resumir (simplificar) a política exterior dos EUA e o conflito palestino-israelí, en 140 caracteres, referíndose ao presidente electo dun dos países máis poderosos do mundo, como negro e, á súa muller, como una puta (porque P, será de puta non? ou?), nun acto evidente de rabia, e agregando tamén posteriores referencias ás mortes dos nenos e nenas do lugar:
«Nunca he hecho el duelo por mi hijo odiando a los musulmanes, Gaza es musulmana. Pero yo, lloro por sus muertos y quiero a cada niño asesinado.»
O único (ou principal) motivo polo que non consideramos a Pilar Manjón, un troll máis da Entrerede mundial, é pola súa condición de nai de vítima, o que en certo sentido lle outorga unha escusa (que non autoridade moral) que a leva a actuar desta forma desaforada e visceral (comprendo, non moi meditada). Obviamente non entendo a súa perda, nin a súa condición, pero, dubido moito que insultando na súa conta de Twitter ao matrimonio Obama, vaia a conseguir máis que alimentar odios, os petos dos diarios que publican a súa declaración, e facerme a min pasar algo de tempo pensando en si o que fixo está ben ou está mal. Polo menos, isto último, si llo agradezo.

168

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...