8.27.2014

Marxe de erro

Se eu como un polo enteiro á semana, e o meu veciño come dous, a media estatística dirá que ambos comemos un polo e medio á semana. Un exemplo, unha simplificación que nos permite reflexionar sobre a veracidade que ofrecen os números de sondaxes realizados a nivel interno, externo, público, e privado. Un conto superficial que pon o interrogante na cuestión verbo do selo de autenticidade outorgado aos resultados de enquisas de carácter aleatorio, cuxo marxe de erro, pese a existir, non adoita encher os primeiros parágrafos das novas escritas, nin os minutos que as televisións e radios lle adican a falar sobre a percepción que ten a cidadanía sobre presidentes, candidatos, leis, administracións, guerras...

1936 Election Weekly Poll. Fonte: The Gallup Organization.
A estatística é o intento último por tomar o pulso á opinión pública coa intención última de marcar o seu ritmo. Mais non sempre foi así. A comezos do século XX non existían os medios precisos para levar a cabo miles de enquisas e sondaxes coa mesma frecuencia e rendibilidade que nos nosos días, e as empresas adicadas a dita labor non posuían a influencia e viralidade mediática da que poden facer gala agora. 

Unha das máis coñecidas e respectadas é Gallup. O seu salto ao recoñecemento —tanto do seu nome, como dos seus métodos— produciuse en 1936, nos EUA, como relata o profesor da Universidade de París-Dauphine, Michael Armatte, nun ensaio publicado en castelán como La introducción en Francia de los métodos de sondeo aleatorio:

«Como ha mostrado Blondiaux (1998), la técnica de los sondeos (llamados primero straw polls) no nace en el universo de la academia, sino en el del marketing y el periodismo. El célebre golpe de Gallup en las elecciones presidenciales americanas de 1936m traslada la cuestión de los sondeos del estado de la polémica al de la experimentación y de la predicción a la verdadera magnitud, es decir al estatus de método científico a los ojos de la mayoría. Previendo con la ayuda de una muestra por selección juiciosa de algunos miles de personas la victoria de Roosevelt, mientras que los 'votos de paja' de varios de millones de lectores de grandes diarios como el Literary Digest daban por vencedor a su adversario Landon, Gallup tuvo el conocimiento científico (¿y la suerte?) para hacer una predicción ajustada a bajo coste, lo que contribuirá de forma importante en la legitimidad de los sondeos y, desgraciadamente, a la asimilación entre sondeo y opinión, entre sampling y pooling, confundiendo por mucho tiempo la innovación debida al método (el juicio sobre la muestra representativa) con lo que revelaba del objeto (la opinión), y de su posible o imposible medición.» 

O uso de números, de entidades abstractas, para a toma de decisións adoita ser para nos unha forma maquiavélica de esquecer a calidade real sobre o que estamos decidindo. Tamén é parte da necesidade que a maioría compartimos (podería facer unha enquisa para probalo) por limitar a incerteza. Como se a mediante as accións e ideas executadas e mantidas polo universo muestral, polas persoas coas que cohabitamos, puidésemos aumentar as nosa probabilidades de éxito na vida. Calcular todas as variables posibles, dependentes e independentes, e limitar ao máximo a marxe de erro; para finalmente descubrir que por moitos cálculos que fagamos, nunca deixaremos de estar a mercé da continxencia real.

194

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...