8.09.2014

Fanáticos

Normalmente un sempre ten cousas que dicir, pero a maioría das veces non as di, porque está non seguro de estar no correcto. Estar no correcto implica ter coñecemento de todos os datos sobre un asunto, e realizar unha valoración, imparcial dentro do humanamente imposible, pero, deixando aberta a posibilidade de que, dado que cometemos erros, alguén teña algo que engadir (a súa opinión), isto é: que nos critiquen.

Comprendendo, e sabendo que na maioría dos temas que se tratan diariamente nos medios de comunicación, os datos non son sempre totalmente accesibles, non deixa de sorprenderme a capacidade que teñen certas persoas para declararse fans incondicionais dunha parte da Historia, sobre todo no que ten que ver con acontecementos que estar aínda a ter lugar, e o tempo de curta distancia non nos permite obter unha visión, o suficientemente afastada, isto é: non podemos ver a totalidade da fotografía, requisito, moitas veces, indispensable para poder analizar e xulgar, calquera sexa a situación en cuestión.

176

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...