8.16.2014

Saber e Gañar

Probablemente un dos programas máis lonxevos da televisión desta parte do mundo (logo do Luar, claro), Saber y Ganar, non deixa moi claro, cal é o premio por saber. Fan puntos, e máis puntos, pero non existe nunca na boca de Jordi Hurtado a palabra euros, aínda que sabemos que eses números se traducen logo en cartos.

George Steiner falaba da cultura casino. Consideraba que a nosa vida estaba baseada no xogo rápido, nas luces, nas ovacións, e no pasar a outra cousa.

O concurso de La 2, propugna que o que sabe, gaña. Lúcida proposición nunha época onde os licenciados poñen copas nos bares aos estudantes de Grao.

Pendente de relectura está sempre un libro aberto no estante:
«Dale a la gente concursos que puedan ganar recordando la letra de las canciones más populares, o los nombres de las capitales de Estado o cuánto maíz produjo Iowa el año pasado. Atibórralo de datos no combustibles, lánzales encima tantos 'hechos' que se sientan abrumados, pero totalmente al día en cuanto a información. Entonces, tendrán la sensación de que piensan, tendrán la impresión de que se mueven sin moverse. Y serán felices, porque los hechos de esta naturaleza no cambian. No les des ninguna materia delicada como Filosofía o la Sociología para que empiecen a atar cabos.»
(Farenheit 451, Bradbury)

183

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...