8.25.2014

Non comas pan

Foi culpa de seu pai. Das luras da ría. Das cebolas e dos manxares da mesa boa e chea de viño. Uns larpeiros chegaron ás presas e entraron na tenda de Ultramarinos. "Un bacallao, unhas follas, ben boas". Claro, seguro que lle dixo Abel. Pero non lle deu as boas, eran os turistas de todos os anos, os pupilos que lle chaman na vila. "Galicia é un auténtico paraíso gastronómico", non lle fan ascos a nada. "Escuplo", que lle din en San Vicente.

"Me encanta Galicia, yo vengo de Miami, y allí no se come tan rico como acá". "Me encanta el pulpo a la Gaiega", "eghe el marishco está eshquisito". Mira que fan cartos na hostalería de Santiago. Teñen que facer unha pasta.

E continúa a conversa...

Saben de cando houbo xente que se tiraba polas fiestras nunha cidade dos Estados Unidos? Ao parecer comeran pan contanimando, con caruncho. "Mira que pratiño", "pimentos de Padrón".

"Non comas pan". Din.

Chove. Estou na casa. E non apaguei a televisión.

Tertium non datur.

192

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...