8.19.2014

Virtude

A nosa capacidade para cambiar de contexto e reinventarnos só se ve superada pola nosa capacidade para nos queixar do contexto do que nos queremos arredar. Menos mal. Menos mal que somos incapaces algúns e algunhas de nos non conformar.

"Nunca debes usar o máximo", comentoume hoxe unha muller que se queixaba de todos os produtos que inclúen nas cremas, comidas e fármacos. Queixábase mentres avanzábamos xuntos na primeira liña de asentos dun autobús demasiado lento. Era unha especie, o dela, de afirmación aristotélica que quere loitar pola busca do equilibrio, da virtude, do in media stat res.

186

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...