8.03.2014

Out of order (XIV)

Conforme un vive, ten a sensación de que lle pasa coma a Alicia de Lewis Carrol, que a pesares de correr todo o posible non avanza. Así llo dicía a Raíña, falando do seu país:
«O que é aquí, como ves, fai falla correr todo
canto unha poida para permanecer no mesmo sitio.»
É dicir, para nos manter onde estamos, non podemos parar. E se nos paramos por un momento a pensar en que temos que mover unha perna logo da outra, invádenos unha terrible sensación de que o esforzo é demasiado grande, e paramos. E reflexionamos, e caemos na conta de que pouco importa o que adiquemos a racionalizar o motivo polo cal nos diriximos cara a unha dirección e non cara a outra. E reflexionamos sobre o que chaman destino, o que non podemos controlar: o noso berce, o noso carácter, e a nosa morte. E conforme onde nacemos, e cómo nacemos, e intentando facer o posible vivir sen tentar ao da gadaña moi acotío, imos tirando.

170

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...