8.05.2014

Saíde e mercar

Non se preocupen por aprender cousas que nunca lle preguntarían nun concurso de televisión. Non gasten o seu tempo pensando en cousas que nunca poderán cambiar, pois non é asunto seu. Non queira que o traten con respecto polo seu traballo e a súa persoa, mais polos seus títulos, a súa reputación, e os seu cartos. Non crea que sabe o que pasa noutros países, pois nin sequera sabe vostede o que está a ocorrer na casa do veciño. E se pensa que sabe o que está realmente pasando na casa do lado, vaia vostede a preguntar á praza do pobo, que rapidamente se encargarán alí de darlle a volta, incriminar ao primeiro que lles pareza, sen argumentos, apoiándose en falabaratos, disques e suposicións propias dos misterios eclesiásticos.

Ansíe querer participar nun programa de televisión, aínda que sexa de público. Desexe casar e ter fillos e fillas contra todo prognóstico. Gaste o que non é seu para encher a súa vida de obxectos e produtos que durante un breve período de tempo calmará a súas necesidades de auto-realización persoal, e a súa ambición. De volver sentir os efectos da angustia existencial derivada dunha vida monótona, estandarizada e fordista, non se preocupe por tomar decisións a longo prazo, que acabarían polo apartalo do camiño recto. Ante unha vida baleira, recorde as sabías palabras de George W. Bush, logo dos tráxicos atentados contra o World Trade Center en 2001: "go out and shop", saíde e mercar.

172

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...