8.23.2014

Dous, tres, seis

— E non poderán entón dicir que foi a túa culpa. Será a miña. Miña. Única.
— Tes unha gran capacidade para ser unha vítima.
— Sempre usas iso.
— O que?
— O da capacidade... Deberías buscar outra palabra. Hai miles de palabras e sempre usas as mesmas.
— Merda.
— Non é por nada. Non é nada que non saibas xa.
— Sei, pero non me gusta que me digan o que xa sei.
— Poste de mala hostia?
— Si.
— De moi mala?
— Si. De moi mala. Así que deixa o tema. Anda.
— Pero se deixo o tema non imos falar de outra cousa.
— E logo? Porque non?
— Porque non.
— Non hai Dios que che entenda.
— Nin Dios nin home.
— Xa estás outra vez.
— Que?
— De vítima.
— Non podo evitalo. É pola educación católica.
— E volta. Ves. Outra vez. Coma se non puideses controlar o que che pasa, coma se todo fora culpa do teu destino. Ou sabe Deus que...
— Dous, tres, seis...
— Está todo?
— Si.
— Imos logo.
— Si.
— E chegarán?
— Se apunto ben... quizais. 

190

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...