8.10.2014

Querido diario

Estimado, admirado, e querido diario:

Hoxe non me apetece nada escribir. É domingo, onte traballei ata as sete da mañá, coma cada sábado (case catro anos, levo, e o corpo non se acostuma, ou o que é peor, a mente non rende). Pensei en falar da axuda humanitaria que enviou o goberno dos EUA a unhas corenta mil persoas que están en Iraq, ao parecer, nunha montaña, perseguidos polo ISIL, por teren conviccións relixiosas diferentes. Estiven a ver as roldas de prensa no briefing room da Casa Branca, e a que realizou o presidente Obama durante un cumio sobre África. Logo dunha hora, na que foron arredor da mesa, escapando das preguntas dos xornalistas, só me queda claro que ao parecer non van a entrar en guerra (de novo), só queren que un goberno inclusivo iraquí tome o control do país, e acabe co califato dos islamistas suníes do ISIL. Á pregunta de se van permitir que se perpetre un xenocidio contra as persoas atrapadas no monte en cuestión, responden, algo así, como que iremos mirando e actuando pouco a pouco, día a día; a intromisión militar estadounidense non pode arranxar o país, cren, se estivera o amigo George, outro galo cantaría. Curioso, porén, que anden a mandar axuda humanitaria aos perseguidos por cuestións relixiosas en Iraq, e o consideran brutal e disgusting, pero logo, ao falar de Gaza, cambian o discurso, que vira cara Hamás, o shelling, e a súa teima con esconder mísiles en instalacións da ONU e escolas, que logo son atacadas lexitimamente por Israel, que non pode evitar matar nenos e nenas, por que, como afirman dende Washington, a densidade de poboación é moi alta. Así que, nada arrasando por la vida.

Tamén quería escribir do patético espectáculo que temos todos os días nas televisións en aberto, pero xa falei mal tantas veces de Sálvame, que non sei que dicir de novo. A cultura de casino que diría George Steiner.

177

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...