019
Pode haber arte sen artistas? Pode haber música sen músicos? Como podemos ter investido máis de 500 millóns de euros na Cidade da Cultura e esquecérmonos dos que manteñen en pé a pirámide? Tería sentido que existise unha secretaría xeral de cultura sen axentes culturais? Como podemos seguir dando folgos a un sistema que beneficia aos administradores por riba dos administrados e perpetúa unha estirpe conservadora, branca e heteronormativa?
Hai uns anos estiven a vender cadros dun coñecido acuarelista, nunha coñecida galería de Compostela. As ventas facíanse no limiar da porta, con recibís comprados no bazar chinés do lado. Canseime de ver chalanas, tauromaquias e vasos con flores. Eran meros elementos ornamentais; non existía unha análise da realidade, nin evolución psicolóxica do autor, nin confrontación coa contorna, nin dialéctica co espectador; pero ningún comprador cuestionaba o prezo dos mesmos, a pesar de non teren menos de dous ceros (inclusive os máis pequenos). Cal é o valor da arte? Canto debe cobrar un artista? Podemos resolver a cuadratura do círculo?
Quen está capacitadx para responder a estas preguntas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario