4.21.2014

«Sobre o desamor e outras mariconadas»

066
Dunha volta, dunha noite calquera, mentres poñía música no Kunshalle de Compostela, tiven a ocasión de coñecer a Ricardo de Barreiro. Del recordo que era un dos moitos seareiros da miña vila natal, Ogrove, e de que amais de ter amigos en común, pasara algunha noite polo antigo pub meco onde comecei a pinchar —El Imperfecto— onde, de seguro, algunha vez nos miraramos, mais sen nos ver.

Tamén recordo que foi el quen me recomendou o álbum B/E/A/T/B/O/X de Glass Candy, nunha xornada, na que ao ser moi cedo e haber poucos clientes, puiden falar un bo cacho, distraído das miñas obrigas como DJ.

O caso foi, que o sábado día doce deste mes de sol e chuvia, coincidín con Ricardo de Barreiro na gala do Mestre Mateo, en A Coruña. Eu, traballando na organización, el nomeado por Somos xente honrada (da que levou o premio ao mellor actor de reparto), atopámonos no patio de butacas, e no petisqueo posterior no Palexco. Así, por mor do encontro, veume á cabeza o pequeno libro que lle mercara aquela noite de troula, e para cando volvín a Santiago —xa era domingo e saía o sol— busqueino no estante do meu cuarto: «Sobre o desamor e outras mariconadas».

Ao abrir o libro puiden ler a amable e simpática dedicatoria nun pequeno libro cheo de arte, plasmado coas ilustracións e poesías dun artista multidisciplinar e didacta:

«Para ti, querido glamuroso 
Manu, por ser do Grove,
por ser talento da nada 
e da humanidade. 
Dende min, do norte,
para ti, do sur,
con amor.»

Non quedo destripar a obra, mais vos deixo, fotografada, unha das miñas páxinas preferidas.


Se queredes saber do resto, podedes ver as librarías onde se vende nesta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...