053
En 1924, o escritor André Breton publicaba o primeiro Manifesto Surrealista co intención de sentar a bases dunha deriva artística que renegaba do realismo e intentaba ir máis alá (en francés: surréalisme; sur [sobre] máis réalisme [realismo]), nun termo que usou por primeira vez Guillaume Apollinaire en 1917.Anxo 1, Manuel Vilaverde. |
Pois, a semana pasada, mentres tomaba algo no Breakin' Bar, coñecín a Roberto, que administra unha casa de comidas na zona de San Roque, e faloume do Colectivo Rurealista, un grupo de artistas formado na Estrada no 2010, e composto por Francisco Ameixeiras, Luís Kampos, Tosar y Manuel Vila-Verde, que hai dous anos publicaron o seu Manifesto Rurealista (surreal e rural), onde é explícita a súa loita contra a deshumanización, des-comunicación, e capitalización que supoñen hoxe en día as urbes, e claman a Natureza como a vía de escape do formigón, amais de elemento en perigo de extinción. Reproduzo a continuación o texto, tirado do blogue do Grupo Surrealista Galego:
"Na actualidade existe unha corrente, ou mellor dito, moitos regueiros de diversa índole (sociais, económicos, artísticos, etc), os cales conforman una corrente, que de maneira irrefreable e un tanto atropelada, se dirixe cara as cidades. Estas masas formigonadas compórtanse como un encoro final que entorpece o fluír das augas dun río indómito no seu berce, pero parcialmente amansado no devir dos seus días,e que deixa escapar un irrisorio fluxo en función do parecer dun puñado de persoas. Aquí é onde nos erguemos os rurealistas, entes portadores do sentir dun cambio nas tendencias preestablecidas, artistas con afán de irromper no devandito fluxo e orientalo en dirección ao medio rural; esnaquizando e atravesando eses formidables cauces sustentados polo voraz sistema económico actual. Pero neste caso non se trata dun descomunal cúmulo de augas ideolóxicas absorbido por unha enorme singularidade urbana, senón de múltiples mananciais surxindo aquí e alá, dunha natureza turvadoramente heteroxénea, e sen un único e irremediable fin, feito que os fai máis fermosos e delicadamente etéreos. A súa pel é permeable, porosa, como unha rede de malla moi ampla onde as sensacións, as emocións, as iniciativas, son sempre ben recibidas con total independencia da súa orixe e da súa clase sempre que sexan respectuosas cos demais e coa Nai Natureza. O Movemento Rurealista non ten límites nin fronteiras físicas, o papel dun mapa está exento da enerxía necesaria para retelo. Tampouco as manifestacións pictóricas son o seu único fogar, pois é capaz, e ten a intención de estenderse por tódolos ámbitos artísticos, como o fai unha brisa sobre un prado acariñando as herbas,. Esta tarefa ten que ser completada coa denuncia e estigmatización dos males da sociedade contemporánea, comezando polo capitalismo sen escrúpulos, rabioso paladín agresor e ardente predador do máis amado polos membros do colectivo: a Natureza."
No hay comentarios:
Publicar un comentario