4.17.2014

Eloxio da Loucura

062
De seguro que o feito de ter lido a Erasmo de Rotterdam antes de tempo marcou colateralmente a miña traxectoria vital. Hoxe tomei o seu libro por antonomasia da estantería, e o abrín pola páxina 162, marcada lixeiramente, coa dobrez da esquina dunha das follas, por un rapaz de dezasete anos: 
«XXXVII. Voltemos á felicidade dos loucos, os cales pasan a vida moi alegremente, e despois, sen ter tido medo nin noción da morte, emigran directamente cara os Campos Elíseos, e alí deleitan coas súas grazas ás almas piadosas e desocupadas. Comparemos agora a calquera sabio cun louco desta clase. Tomemos para o mesmo un verdadeiro modelo de sabedoría, o do que consumiu no estudio das ciencias toda a infancia e a mocidade, e perdeu o mellor da súa vida en vixilias, coidados e fatigas, e que en todo o resto da súa vida non saboreu o menos pracer; sempre sobrio, pobre, triste, sombrío, severo e duro para si mesmo, grave e insoportable para os demáis; moi pálido, delgado, enfermizo, lagañento, con aspecto de vello, calvo moito antes de tempo e que abandona a vida prematuramente. Que importa, polo demáis, que morra así quen nunca viviu? Aí tedes a egrexia imaxe dun sabio.» 

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...