058
Rosiña é unha persoa respectable. Quizais algún día lle fagan unha estatua, como ás Marías. Lamentablemente adoitan recoñecer aos respectables, cando finan. E logo convértenos en atraccións turísticas. Cousifican e ridiculizan a vida dos que non deixan de sufrir, sen sequera queixarse. Ela é respectable, pero día tras día as reverencias van dirixidas aos irrespectuosos, vaidosos e déspotas, en eventos de plástico e moqueta vermella; para aqueles aos que o pobo non adica senón malas verbas na intimidade das súas conversas familiares, ante a luz das cámaras todos loan e intentan agradar.
Vai sendo hora de rematar cos protocolos estúpidos. De ser hipócritas. De evitar mirar aos que sofren e comezar a sinalar aos que impunemente xogan coas vidas de todos, coma se estiveran a botar os dados nun taboleiro de parchís.
No hay comentarios:
Publicar un comentario