072
Para cando as formas de produción, distribución e venda (pre)establecidas morren, as matan ou se marchan, preciso é buscar novas maneiras de adicarse á creación e recreación artística sen subsidiarse, prostituírse ou en último caso, morrer de fame.Para cando o contexto se mostra escuro e impenetrable, cómpre tirar do maxín, do inxenio, e construir novos discursos que den lugar a unhas infrastruturas capaces de soportar o que por razóns irracionais sempre quixemos dedicarnos a facer.
Presentación de Artesanista, na Quinta de San Amaro. |
Aínda que nesta concepción hai do meu (de seu), é motivo e culpa desta reflexión a presentación que se realizou no serán do sábado, na Quinta de San Amaro —en Meaño—, do proxecto Artesanista, creado pola comisaria Ania González, o artista Mauro Trastoy e o enxeñeiro técnico Jacobo Martínez.
Presentes estiveron as lámpadas de Mauro Trastoy e as cerámicas do artista Pablo Barreiro, baixo a sinatura de COPIA_cerámica. Ambos teñen en común o seguir unhas rutinas de traballo, de produción, libres pero disciplinadas, que guían a construción de cada peza, o que as converte en obxectos únicos, artesanais e prácticos nalgúns casos, e artísticos e dotados de significado noutros.
Podedes consultar a colección actual na páxina de Artesanista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario