4.09.2014

Rolling Over, 2014

Unicornibot, no Rolling Over 2013 / PAULA IGLESIAS

054
Un ano máis, Culturadeseu participa na promoción e difusión do micro-festival de Rolling Over. Agora toca a terceira edición, a do 2014.
música independente da sala meca Twist & Shout Clube,

Logo de ver pasar polo local a grupos como Disco las Palmeras!, Telephone Rouges, Unicornibot ou Lendrone, na terceira edición do Rolling Over, nesta sala sita en Ogrobe, seguen a apostar pola música made in Galicia, con Novedades Carminha e Jay, e convidan aos cataláns Univers, para facer redonda a noite do 17 de abril.

En primeiro lugar actuarán os catalaláns “UNIVERS” que nos presentan o seu primeiro LP (despois de dous EP editados este pasado ano 2013). Chámase “L’estat Natural” (Famèlic, 2014) e a súa participación en grandes festivais, como o SXSW (Austin, USA) ou o Primavera Sound (Barcelona) están a posicionar esta banda como unha das grandes promesas do pop estatal. Foron cualificados coma un dos grupos revelación do 2013 e a prestixiosa revista Rockdelux escolleu a súa canción “La Pedregada” (Famélic, 2013) como mellor single nacional de 2013.


En segundo lugar actuarán os vigueses “JAY”. Esta banda toma forma en febreiro de 2012, cando 4 mozos vigueses (ningún deles supera os 22 anos) comezan a facer ruido no seu cuartel xeral en La Seara. Alí, sen asomar a cabeza, dipóñense a rexistrares eles mesmo unha demo cun catro pistas analóxico. O resultado destes primeiros meses de ensaios son 6 pildorazos de rock psicodélico salvaxe, crú e directo. Tras publicar a súa demo e presentala en directo, continúan ofrecendo concertos por toda Galicia e sorprenden non só pola dureza do seu directo senón tamén pola utilización de instrumentos creados por eles mesmos. Agora, formando parte da discográfica asturiana, “Discos Humeantes”, veñen presentar o seu primeiro longa duración “Vacaciones en Vietnam”, todo un discazo que non deixa a ninguén indiferente.


E coma último prato da noite temos aos reis da escena punk estatal. O trío máis gamberro, “NOVEDADES CARMINHA”. Este grupo de garage-punk compostelano virá co seu novo e esperadísimo álbum “Juventud Infinita” que veu a luz en Marzo de 2014. Os xa consagrados éxitos da banda como “Jódete y baila” ou “Yo no uso condón” levan anos facendo bailar aos seus incondicionais e a todo aquel que as escoitara na multitude de salas e festivais de todo o estado onde tocaron. En definitiva unha banda que se ten convertido en todo un referente da xeración “rockeira” actual.

Se queredes adquirir as entradas podedes ir a Ticketea. Para máis información podedes acceder ao evento de Facebook







No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...