4.11.2014

Hai un home en Galicia que o fai todo

056
É unha canción de Astrud aquela que di "Hay un hombre en España que lo hace todo". Sempre que a escoito me lembro dalgunha persoa, neste caso do xénero chamado masculino (é dicir, con pene) que fai e desfai en Galicia ao seu parecer. Que detenta todos os contratos do seu ámbito, que dirixe despóticamente as vidas dos que se lle achegan en busca dun traballo. Que parece, foi escollido pola xustiza divina para ocupar o posto que ocupa. Que espera que os subalternos se rebaixen, lle bailen a auga (doce) na procura dun salario que, se chega, semella limosna.

De seguro, todos pensamos nalguén en particular. Eu, resérvome esa información por non condicionarvos. A ver se logo van dicir polas rúas que ando a falar mal da xente sen ton nin son.

2 comentarios:

  1. Cuando el Partido Travesti gobierne en España, las cosas van a ser bien distintas.

    ResponderEliminar



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...