122

A súa intervención desbota xa a pertinencia ou lexitimidade do que se da en chamar periodismo de paracaídas, que define aos correspondentes enviados en paquetes express aos lugares que se converten da noite para a mañá en noticia, e que en cuestión de dous ou tres días teñen que enviar crónicas de volta á redacción, tendo moi pouco tempo para poder recadar datos, conversar cos implicados e tirar conclusións que vaian máis aló do meramente especulativo, ou, que simplemente reproduzan as versións oficiais. Mais tamén da pulo a lexitimar o xornalismo non-profesional e considerar como comunicador a calquera persoa que dispoña dun teléfono e conexión de datos. Vén cuestionar cal ha de ser a labor do xornalista nun mundo de información extenuante, pola cantidade, variedade, e falta de selo de autenticidade.
Non, porén, precisamos írmonos a Siria ou a Pakistán (polo de lugares en conflito) para decatármonos da importancia que adquiriron nos últimos anos as redes sociais como parte do proceso de (in)comunicación colectiva. A xa consabida sobre-información derivada da apertura de portas ao mundo que é a world wide web, está a presentar retos ao xornalismo tradicional dende hai máis dunha década, e o éxito da profesión —considero— pasará por saber afrontalos. Os media tradicionais do noso país tardaron en comprender que o fenómeno dos medios dixitais, do blogging e dos agregadores de novas, era algo máis cunha moda pasaxeira, ou unha competencia inocua; agora que a empresa xornalística ve que moitos dos empregados aos que bota á rúa xa non dependen da súa caridade para exercer profesionalmente o servizo público que debería ser o periodismo, e sobre frikis e renegados, semella que aumentou a súa interese por deslexitimar, ou trabar o avance do que pode ser a única vía de xornalismo independente e sostible que non pase pola precarización e empobrecemento dunha profesión, cuxa importancia, semella non callar nunha suposta parte importante da poboación que pensa que Lidia Lozano é unha boa periodista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario