128
«Cando un home morde a un can, é noticia», sentenza o profesor universitario ante un aula ateigada de futuros traballadores da comunicación e da información, mentres na equina inferior esquerda dunha das diapositivas da presentación en Power Point que deliña a súa figura, podemos ler: Marzo, 1998.![]() |
Fonte: Man o' Law |
E volvo na cabeza a aquelas mañás na facultade aprendendo que preguntar nunha entrevista, nun suceso ou na cola do supermercado. De listas de tipos de tipoloxías de xéneros interdisciplinares incluídos nos libros de estilo dunha liña editorial non definida pero declarada no texto dos xornais que exercen con aleivosía suposta, unha labor de vixianza cuxa existencia todos demandan, pero da que ninguén quere escoitar un chío se de tomar responsabilidades se fala; ante unha tarefa, ardua e complicada, por que se o xornalismo é o cuarto poder, ten aos outros tres enriba, e o peso destes cachalotes non o deixa respirar, nin andar, e xa nin escribir.
Que se meteu un suposto rato na Coroación de El-Rei? Estupendo. Ogallá se tivera metido na coroa e lle caese na cabeza a Filipe ao poñerlla na caluga. Aínda que non sería posible, claro. Pois na Coroación de Filipe VI nin había rato nin lle puxeron Coroa algunha na cabeza. Así, temos unha noticia sobre un suposto suceso que pasou nun evento que non foi o que foi, mais foi o que supostamente debería ser, aínda que todo o mundo sabía o que non estaba a pasar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario