109
![]() |
Fonte: www.lasexta.com |
O da casta, semella ser unha herdanza do noso vello continente. Algún remanente ha de quedar no imaxinario popular das grandes castas, casas, dinastías e liñaxes que dominaron (dominan) Europa. Probablemente, teña algo que ver tamén coa forma na que nos relacionamos, sempre dende as filiacións cara a fóra, xa sexa no plano sentimental como no laboral. É por iso que esta fin de semana, unha colega estadounidense que veu para aquí hai cousa de catro anos, me preguntaba se sabía dalgún traballo por Compostela, agora que se ía volver instalar na capital galega; logo engadiu que xa comprendera como funcionaban aquí as cousas: un ha de coñecer a alguén que coñeza a alguén que teña un posto de traballo dispoñíbel. Parece ser que este método a sorprendía. Aínda que a nós esta endogamia nos parece totalmente natural, o problema vén cando, non só se usan as amizades e filiacións para buscar, senón para colocar, pois corremos o perigo de que acabe por primar o quen é sobre a profesionalidade e a pericia; e logo acabamos cun concello medio deserto con máis imputados que concelleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario