"¿Qué piensa sobre la intervención de Pedro Sánchez vía telefónica en un conocido programa de cotilleos de la televisión", foi a pregunta que realizou unha das asistentes á mesa redonda que tivo lugar en Santiago de Compostela durante un congreso sobre comunicación política e campañas electorais. A cuestión respondeuna a xornalista Pepa Bueno, e foi formulada, de seguro, esperando unha condena airada.
A resposta da señora Bueno, pola contra, quixo desmarcarse da negatividade, e do discurso xeral de desaprobación da intrevención de Sánchez en Sálvame, o que foi —sobre dicilo— un punto dentro da estratexia de comunicación ou márketing deliñada polo equipo do candidato do PSOE para aumentar a súa visibilidade e delimitar (frame) a súa personalidade. Pepa Bueno, afirmou, ao respecto, que non se debía desprezar á audiencia deste tipo de tertulias vespertinas, dado que son, un grupo importante da poboación, e como tal, e tamén, como votantes e electores, deben ser tidos into account.
Neste topic eu estou no medio: entre os apocalípticos, que consideran que a era da Internet, e previamente o nacemento da televisión —a escola dos pesimistas— provocou a desafección da poboación cara á política e a información deste cariz; e os integrados, que valoran positivamente que a cidadanía dispoña de máis e mellores formas de acceder á información, e se cadra máis e mellor información —aínda que escondida, probablemente entre milleiros de datos lixo—.
Agora dubido de que sexa eficaz desprezar dende altas tribunas a un amplo grupo de persoas que acaban por decidir quen goberna, polo simple feito de que non forman parte dese outro grupo que mostra interese en se informar e estar in-formado; estou a ter a oportunidade de ler diversos textos sobre comunicación política, e sobre os cambios que tiveron lugar nas últimas décadas no aumento e democractización —hai quen diría masificación— do acceso á información, e tamén, aínda que en menor medida, ao poder e ao discurso, dunha parte da sociedade electora que antes, por razóns de carácter socio-económico e hence cultural, non podía ou non tiña a interese de se informar ou acceder a canles determinadas de información.
Non podemos adoptar unha postura despótica, senón pedagóxica. Teremos que aceptar que o xénero do infotainment está aquí para quedar, polo menos, un tempo. Temos os medios, a audiencia escolle os formatos, a nós tócannos dárlle o contido apropiado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario