001
Hai dúas semanas algúns dos lectores e subscritores da recentemente nacida Revista Luzes, congregámonos na libraría compostelá do Couceiro, por convocatoria dos seus responsables. Despois do repaso de rigor sobre os contidos do último número chegou a quenda das preguntas, e se ben a maioría foron loas, unha das asistentes queixouse da falta de xornalismo de investigación.Xosé Manuel Pereiro, co-director de Luzes, tomou a palabra, e nun ambiente moi fraternal, confesou que, por moito que espremeran aos subscritores, non sería posible pagar un traballo xornalístico de investigación en condicións. "Menos, cando vas a Interviu e che pagan 1.500 euros", subliñou.
Carioca, Pokémon ou Gürtel, son nomes ben coñecidos. Pero ningunha destas tramas foron descubertas grazas ao xornalismo de investigación. Nos últimos anos, ou ben o traballo policial/xudicial é efectivo (o que non está de máis) ou se lles vai das mans aos delincuentes, ou ben hai alguén insatisfeito que quere tirar da manta:
José Luis Álvarez, el empresario asturiano que destapó el «caso Pokémon», continúa empeñado en tirar de la manta y sostiene que no va a «callarse nada»
José Luis Peñas, exconcejal del PP en Majadahonda (Madrid), grabó secretamente conversaciones de Francisco Correa durante dos años. Su denuncia dio origen al 'caso Gürtel'Obviamente, temos máis exemplos de corruptelas (EREs, Nóos, Campeón, Bárcenas...), e se ben o traballo xornalístico pode axudar e axudou nos procesos de xulgamento dos culpables, non é unha parte determinante; publicar en portada uns papeis filtrados de forma exclusiva, non é xornalismo de investigación, é aproveitarse da conxuntura, para facer caixa.
Para empeorar a situación, son as propias empresas xornalísticas as que infravaloran o traballo do xornalista, xa sexa este de investigación ou de cobertura de zonas de conflito, ou simplemente de provincias. Ao respecto, conversaba a semana pasada cun importante fotógrafo galego que farto de que lle remaquearan en España a compra das súas fotografías (feitas en países en guerra, cunha alta probabilidade de ser secuestrado, ou morrer), vende a maior parte a diarios estranxeiros, que saben valorar o seu traballo, e non lle ofrecen unha miseria mentres o seu director xeral cobra trece millóns de euros anuais; ou mentres teñen a unha (unha soa!) correspondente traballando como freelance para toda África, á que nin lle remuneran as chamadas telefónicas internacionais.
Xornalismo en galego, e 2.0
David Lombao, director de Praza.com no Encontros 2.0 | Código Cero |
Mother Jones, verbo da austeridade nos EUA |
Se á necesidade e predisposición de realizar xornalismo de investigación lle engadimos as novas tecnoloxías, a enorme cantidade de información á que podemos ter acceso (o que é, ao mesmo tempo, un pro e un contra), a labor que realizan organizacións como Wikileaks, e un hastío cada vez mais xeralizado cara uns medios de comunicación absortos na súa alter-realidade auto-feladora; pode, e digo, pode, que esteamos máis preto de deixar de gastármonos os cartos nas tendas de Inditex e comezar a invertir en investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario