Alfonso Grau, vicealcalde de Valencia | Fonte: Levante EMV |
Imputar a alguén é acusalo formalmente dun delito concreto.
Estar imputado non quere dicir que unha persoa sexa culpable, quere dicir que unha instancia xudicial considera que pode ser culpable; ademáis, un imputado non ten que dicir a verdade baixo pena de perxurio como as testemuñas.
Deberían renunciar ao seu cargo público aquelas persoas que sexan imputadas?
A simple sospeita, aínda que a sosteña un xuíz a raíz dunha acusación popular, é suficiente para rematar coa carreira política dunha persoa?
Afirmemos como galegos, que depende.
Do que si estou seguro é que actitude que mostrou o vicealcalde de Valencia, Alfonso Grau, na rolda de prensa desta semana foi tan chulesca como inapropiada. De pouco lle servirán as desculpas. Cando tratas á prensa, e os compañeiros xornaleiros, coma inquisidores sen escrúpulos (non todos o somos), e botas por fóra, é normal que a resposta mediática sexa dura e incisiva.
Pouco lle importa a moitos a imputación do señor Grau.
Pouco sabe a opinión pública da diferencia entre estar ou non estar imputado.
Pouco quere saber dos detalles a maioría.
Pois a valoración que a audiencia, lectora e consumidora, realiza depende da imaxe que se mostre cando un se asoma á ventá do discurso mediático. Esta fiestra funciona coma as aparicións do Papa.
Pouco importa o que está a pasar dentro de palacio.
O relevante e primordial é o que queremos que a xente pense que está pasar.
Imputar ou non imputar, agora xa tanto ten para Alfonso Grau.
Pois non hai veredicto que faga esquecer, compulsivamente.
Iso é tarefa do tempo.
275
No hay comentarios:
Publicar un comentario