Español
"Somos do jrove" despedíase un dos integrantes de
Los
Thyssen mentres apuntaba co dedo índice á cámara de video. El, Raúl Rey
Bea, coñecido como Motocross o muerte (que
xa apareceu nas pinchadas durante o Rolling Over 2012) naceu n'O Grove en 1990,
o mesmo que Mack Paramo (Martín
González, 1991), e Pitu (1983) quen
preferiu non dar o seu nome completo. Por orde tocan a batería, o baixo, e a
guitarra e a voz. Eles definen o seu estilo como surf, rock 'n' roll, moita
caña e distorsión. E gostan de comer uns
bos macarróns con caviar e bechamel. Son o resultado de misturar os barrios
mecos de Confín, Pardiñas e o Sineiro. Unha combinación explosiva. O seu nome
naceu –afirmaron a este servidor mentres os chavales da produtora Equinocio lles realizaban unha
entrevista– un día de esmorga, irónicamente din, polo seu amor a Tita Cervera e
a súa familia.
Este grupo esquisito de pasta con ovos de esturión e queixo
foi o primeiro prato da pasada noite do venres no Twist & Shout. Celebrado
e ben dixerido semella que Los Thyssen –que
naceron hai menos dun ano e xa estiveron no Liceo Mutante e na Botica Rock– seguirán
con forza no futuro. Como segundo dish,
aínda que non menos importante, foi o turno para os mallorquíns Beach Beach, catro insulares que non
esquecerán a península de O Grove, e aos que nós tampouco esqueceremos, pois a
cea, a velada, foi fantástica e durou ata altas horas da madrugada. Eles
presentaron o seu álbum Tasteless Peace nunha xira que
están a realizar pola Península Ibérica, conducidos polo que denominan o seu gurú particular e guía espiritual Pablo
"Garrucha" Garrido (Barcelona, 1985) e que rematará en Las Palmas,
non sen antes pasar polo Primavera Sound.
Os seus integrantes, que deleitaron aos asistentes cun aire de praia que
mestura o power pop dos 80's e
o indie dos 70's son: Pau Riutort (1989) batería, voz e compositor; Tomeu Mulet
(1987) baixo, voz e letras; Lluís Cabot (1990) guitarra; e Àngel Gareau (1991)
coa batería.
O grupo naceu en 2006 e tras diversos cambios de estilo e
integrantes evolucionou no que hoxe podemos escoitar en Tasteless Peace. Todos
compaxinan a súa vida de músicos con outras profesións e estudos, pois vivir
desto está reservado para poucos. Pau é xornalista, Tomeu deseñador gráfico,
Àngel estuda belas artes e Lluís filosofía. Tíñanse que ir cedo logo de dar o
concerto, pois debían devolver a furgoneta alugada en Barcelona. Pero o encanto
d'O Grove fixo que este menda fóra antes ca eles a durmir. Dou fe de que foron
ben atendidos, e non é por que sexa eu meco, algún deles me dixo que, de todos os lugares nos que estiveron, onde
o mellor o pasaron foi nesta vila galega pois, palabras textuais, "o
importante non é a cantidade [de público] senón a calidade".
Traballar no Twist & Shout estáme a ofrecer a
posibilidade de cubrir os seus concertos. Pero non son voceiro exclusivo desta
sala. Polo que se botades en falta videos co noso reporteiro picheleiro, ou
algunha entrevista en profundidade, non vos preocupedes. Nas vindeiras semanas traballarei duro para ofrecervos o mellor da cultura
alén da oficialidade.
Español / English
Español / English
Pinta muy bien Manu!!! me gusstaa ;)
ResponderEliminarBiquiño
Grace