Español / English
A primeira vez que visitei o bar El Puente, en Sar número 40
(Santiago de Compostela), foi por Suelen Estar Quartet e a experiencia foi máis
que gratificante e satisfactoria. Desta vez, ao volver á casa case ás dúas da
madrugada, o sentimento era similar. Moita enerxía, moita paixón, moitas ganas
de canturrear e de ser músico. 
Vargas ao piano, Aldana coa guitarra e a voz, e Luis Alberto
(1975) –aka L.A.R. Legido– na percusión e trebellos (entre os que se atopan nesta ocasión unha bolsa de plástico) foron os tres compoñentes
estables durante o concerto. Coma, digamos, convidados, estiveron un talentoso mozo cubano e futura promesa chamado Joaquín
Martínez co clarinete e a trompeta; Eduardo Aiguesvives (1984, La Habana)
–aka El Rubio, integrante de Free Hole
Negro– no contrabaixo; o veterano Octavio Vargas Novoa (1968, A Coruña) no
baixo; e un rapaz loiro que participou na jam session co saxo e cuxo nome non
tiven tempo (lieime a falar mentres fumaba un cigarrito) de preguntar pero que
podedes ver no video colgado nesta entrada, nunha especial e bonita dialéctica
coa trompeta de Joaquín.
É importante saber, ao ver os videos, que estes mozos
estiveron a ensaiar a penas tres días o repertorio cantado; coma é costume en
El Puente (un dos estandartes do free jazz en Compostela) houbo moita
improvisación, unha atención do público fantástica, e moi boa onda.
Desta vez evitei, por falta de tempo e por que foron moitos
os músicos que interviron –Mr Walker ‘on the rocks’ tamén tivo algo de culpa–,
facer entrevistas en profundidade. Todos xa agora sabemos que vivir da música é
moi complicado. Para máis do free jazz. El Puente é un becho raro, rodeado de libertis, shangongadas e establos* –sen
pretensións ofensivas para os seus respectivos siareiros–, que sen a entrega do seu dono non sería posible.
Mirade os videos, que pagan moito a pena. Non sexades preguizosos.
*Para que non o saiba fan referencia a discotecas de Compostela.
Español/ English
No hay comentarios:
Publicar un comentario