Español / English
Se cadra o título desta entrada soa un tanto poético, ascético e ata vetusto. Mais ningún destes adxectivos poderían describir as concurridas, por momentos caóticas, fantásticas noites que tiveron lugar esta semana no recén nado Twist & Shout Clube de O Grove.O do 'rexurdimento' vén das palabras que o dono deste local, André Sánchez, dixo ao remataren os concertos de Disco Las Palmeras! e dos Telephones Rogues na noite do xoves, e que en referencia á gran acollida e atención que tivo o festival, dixo que rexurdiramos como a ave fénix das súas cinzas. E a verdade é que semella que esta vila pendurada do continente comeza outra vez a ter esa movida nocturna de música de calidade, bo rollismo e efervescencia cultural, que nos últimos anos, e tras o peche de míticos coma Vado Permanente ou Vinilo, estaba de capa caída.
Día Primeiro: punk, noise, garage e rock and roll.
O festival deu comezo coa actuación dos xa recoñecidos Disco Las Palmeras!. Este ano estiveron por todo o territorio español e, entre outros, formaron parte do cartaz do Primavera Sound e do Sonorama, e estarán no Festival do Norte de Vilagarcía, co seu ámbun 'Nihil Obstat'. Os integrantes son Diego Castro López (1979, Sarria) na guitarra e na voz, David Lorenzo Lafuente (1974, Vilagarcía de Arousa), coa batería, e dende o ano pasado, tamén Julián López Goicoa (1990, Vigo) na guitarra. O grupo naceu hai pouco máis de dous anos e dende entón non pararon. Prácticamente visitaron todas a comunidades a excepción do País Vasco e as illas, e xa están a preparar o seu segundo disco que irá selado tamén pola discográfica compostelá Matapadre.
Como digo, non sei que ocorrerá con Disco Las Palmeras!, pero todo pinta ben para seguir traballando a reo durante uns anos máis; no Twist & Shout petáronno (arrasaron para que non entenda o slang). O concerto foi intenso e ben recibido. As súas cancións reverberaron entre a pedra e a madeira do clube meco e a enerxía liberada durou toda a noite. De feito pechamos (inclúome pois estiven de camareiro, blogueiro, fotógrafo, pinchatunes) ás cinco da mañá para evitar que tanta "enerxía acumulada" acabase por tirar o local abaixo, .

Son parte do grupo dous irmáns. Os Unruh. Na guitarra, teclados e berros, está o maior deles, Matías Unruh Piñeiro (1987, O Grove), baixo o alias Matitas Auch, e que produciu 'Max Split' co grupo barcelonés Piñata nos Estudis Ground de Girona, coa colaboración de Jordi Brugues baixo o selo de Mama Vynila Records. O menor dos irmáns é Alexander Unruh Piñeiro (1990, O Grove) que toca o baixo e tamén berra, baixo o nome Alitos, e que compaxina a vida de músico cos estudos de Medicina en Santiago de Compostela.
O seu momento estelar foi sen dúbida cando o batería José Cores Medrano (1985, O Grove) alias Foso Común, quedou en panos menores co seu corpo pintado con spray –que traballo lle custou limpar ao día seguinte pois non eran, coma me dixo alguén, pinturas corporais– e que traballa coma informático para unha empresa multitnacional de roupa que todos coñecemos e que comeza irónicamente por "Indi", pero que de independente ten o que eu de experto en música.

Día Segundo do noso Señor.
Debido a imprevistos de última hora (perogrullada pois senón foran de última hora non serían imprevistos, serían "eran vistos") o grupo Morlans non puido acudir, nin os Dj's Charlie Raw e Gonzalo Bea Montenegro. Pero por sorte, e coa velocidade que define a unha boa e áxil organización, Morlans foi substituído por Alex Casanova (1990, Vilagarcía de Arousa) e volveron aos mandos da cabina Motocross o muerte DJ e Manu Tf (que son eu por senón quedou claro). Alex deleitounos e fíxonos bailar cun pop divertido e electrónico, amais de alegre. Eu, que estiven tamén detrás da barra, agradecinno pois tiña un oído algo afectado tras a noite punkgaragenoise anterior (pero que todos os males sexan eses...). Alex formou parte The Friendows pero decidiu comezar en solitario. Él faino todo, armado dun teclado, unha mesa de samples e un micrófono. Dende este, o meu blog, deséxolle o mellor e que saque disco canto antes.
Logo foi o turno da encantadora ex cantante de Charades (que durou oito anos), Isa Fernández Reviriego (1979, Bilbao) que traballo me custou aprenderme o seu apelido. Baixo o nome de Aries, presentóunos o vinilo Magia Bruta. Unha doce voz que nos animou a todos os presentes e que fixo os preparativos para unha nova noite de Rolling Over no Twist & Shout Clube. Ademais, a súa presenza foi moi especial xa que cumpríu anos e puidemos adicarlle un "Parabéns..." os membros do staff.
Unha vez máis Motocross o muerte e Manu Tf puxeron o telón de fondo. Unha noite redonda, aínda que non sen algúns percances sen importancia. Cousas do alcol.
Sábado de pre-resurreción.
A intensa programación da Semana Fantástica, digo Santa..., rematou cunha idea que xurdiu nunha das tardes de limpeza e avituallamento do Clube (o Twist & Shout, que non o do Xabarín). Ocorréusenos facer unha pinchada para celebrar a pre-resurreción de Risto, digo Cristo. O que básicamente se convertiu en eu (que me fixen chamar DJ Beato) máis Estevo Sánchez (que traballa no local) cuns colos clericais, e unha listaxe de cancións (nas que agradezo a colaboración de San Chema Díaz) coma "He visto a la virgen" de Putilatex, "Quiero ser Santa" de Parálisis Permanete ou a de Alaska, "De Jesusiño fixeron un Cristo" de Heredeiros da Crus...etc, etc.
Hoxe é Domingo, e ao contrario que outros, eu non descanso, pois penso que vos merecedes, queridos lectores, toda a miña atención.
Sen máis. Arre Unicornio!
Español / English
No hay comentarios:
Publicar un comentario