Nesta liña foi deseñada a segunda edición do Rolling Over no Twist & Shout Club, e despois de dous días intensos, podemos afirmar, que o resultado foi positivo. Programar este tipo de eventos sempre acarrexa un risco que poucos están dispostos a asumir. A medida que se achegaba a hora de apertura de portas tanto o xoves 28, coma o venres 29, os nervios aumentaban. Pois un nunca sabe canta xente vai a acudir á chamada da selva.
Bruno T Ford. Por: Cristina Barcala |
1;
Coma seguro xa saben moitos dos lectores —por que estiven a dar a vara durante un mes— os encargados de pór banda de son á primeira xornada foron Flip Corale y los Macabros xunto con Bruno T Ford. Logo foi a miña quenda como DJ, —Manu Tf para servirles—, e procurei facer mover o cu a todo mundo, como de costume, cunha pinchada ecléctica (de The Sonics, pasando por Two Door Cinema Club e rematando con Brooke Candy; e concedéndolle a un portugués un tanto insistente Ace of Base; e por certo, grazas a Cristina Barcala por sacarme unhas fotos mentres eu poñía copas).
2;
Despois de Unicornibot instalouse na cabina o gran Nano Vinilo DJ, por todos coñecido polos anos que estivo de residente no pub meco Vinilo. Realizou unha pinchada que repasou varios estilos, e non deixou que a xente descansara un segundo, cunha destreza máis que traballada no indietronic. Cando rematou a sesión con Oasis, con Whatever, pensou que rebentara un das pantallas de son: "Nano, non te preocupes, que senón rebentaron ata ajora, malo sería que rebentaran con Oasis".
Se queredes ver máis fotografías podedes atopalas no facebook de Culturadeseu, ou do Twist & Shout, iso así a partires de mañá (día 3 de abril).
Bye, bye, hasta otro ratito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario