Anacronismos
Para facerse unha imaxe do que alí se expón só vos direi que se atopan exhibidas 341 pezas, cedidas por 91 institucións, e que, coa pedra como fío condutor, percorren a historia de Galicia, parte de España e o norte de Portugal, dende a prehistoria ata a contemporaneidade. É, ao meu parecer, unha exposición moi pouco didáctica (cun carácter eminentemente histórico), mal formulada no espazo, e en certa medida anacrónica.De seguro que o traballo do seu comisario Miguel Fernández-Cid (antigo director do CGAC) é impoluto, e eu non son máis que un begginer; de seguro, que para aos amantes da historia da arte é unha gozada poder ver nun só edificio como evolucionou a pedra ao longo dos séculos. Pero, coa cantidade de cartos que xa levan investidos na Cidade da Cultura (agora entre 400 e 500 millóns de euros) semella que este medio millón máis é outra pedra na pirámide. Unha pedra que vale tanto como o gasto expositivo anual do CGAC ou o orzamento do MARCO de Vigo; Unha pirámide que está a lastrar os orzamentos en cultura de toda Galicia; que foi froito dun concurso (como o do decidir colocar palés na exposición, ao mellor hai que cambiar o xurado), e cuxa estrada de acceso leva o nome de Manuel Fraga Iribarne.
Por este, e outros motivos, atrévome a ironizar e dicir que esta exposición podería ser parte dun conto: 'Gallaecia Pétrea ou un percorrido pola vida de Don Manuel'; 'Gallaecia Pétrea ou as ofrendas ao Faraón'.
Tamén hai que ter en conta (ou quero facelo), como comentei en entradas anteriores, que debe existir unha administración conservadora e ortodoxa para xurdan iniciativas contrarias e alternativas, senón esto sería un mayhem.
Björk, Panorama e París de Noia
Quizáis moitos xa se percataron de que a campaña para venda de entrada do concerto de Björk na Cidade da Cultura durou demasiado. A verdade é que se non se pendurou xa o cartel de completo durante a primavera, era raro. Algo estaba a pasar. Hai quen dixo ironicamente que a islandesa ía facer realmente un acústico. E correu un burdo rumor sobre unha actuación conxunta entre a cantante, Panorama e París de Noia. (Se vistes o video presentado por Ricardo Saavedra ata o final saberedes de que estou a falar). Ao final parece que todo saiu ben. Non houbo cheo total, pero Xesús Vázquez asistiu.
Sen máis.
Abur.
No hay comentarios:
Publicar un comentario